Quen somos

LONXA DE CANIDO é unha iniciativa da Confraría de Pescadores de Vigo que nace da necesidade de achegar os produtos do mar pescados polos seus socios e socias directamente aos consumidor/a así como aos negocios de restauración local. Esta páxina servirá de escaparate e punto de encontro, na que poderás coñecer que produtos se poden adquirir na nosa Lonxa, así como outras novas de interese.

Todos os produtos comercializados pola Confraría de Pescadores de Vigo atópanse certificados pola marca de calidade PESCADERÍAS e PESCAENVERDE. A marca pescadeRías, de onde se non? é un selo de identidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal, que garante a frescura e procedencia de Galicia. Á súa vez pescaenverde é unha ecoetiqueta que achega información ao consumidor sobre o baixo impacto que estes produtos pesqueiros teñen sobre o medioambiente, ao mesmo tempo que achega valor engadido aos produtos que incorporan a marca favorecendo a súa venda nun mercado global.

Pola súa banda as algas comercializadas pola Confraría de Vigo contan co selo ecolóxico do CRAEGA (@Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia).

Materiais de divulgación

> Descargar folleto “O POLBO DE CANIDO” accesible para persoas con discapacidade visual

> Descargar folleto “O PORTO PESQUEIRO DE CANIDO” accesible para persoas con discapacidade visual

FINANCIAMENTO DO ESCAPARATE VIRTUAL DE CANIDO

O Escaparate Virtual de Canido enmárcase dentro do Proxecto “Somos Confraría”, un proxecto centrado na mellora da gobernanza da Confraría de Pescadores de Vigo, financiado polo GALP7 Ría de Vigo- A Guarda.

O obxectivo principal desta liña de acción é a creación dun escaparate virtual de produtos do mar ofrecidos pola Confraría de Pescadores de Vigo na súa nova Lonxa de Canido, que retoma o funcionamento tras o seu derrubo no ano 2019.

Este espazo é unha tenda virtual que poderá ser activada no futuro próximo para a venda directa dos produtos do mar. Na actualidade está pensada como escaparate onde os restaurantes e cidadanía en xeral poderán coñecer o noso produto e contactarnos para facer pedidos. Trátase dunha Web en wordpress con woocomerce en modo catálogo.

Custe total do Escaparate Virtual: 4.000 €

Total axuda pública aprobada: 3.800 € (95 %)

                    • FEMP (85%): 3.230 €
                    • CA (15%): 570 €